Aberto o prazo de inscrición para as xornadas “Xenómica para a mellora das producións e a xestión da biodiversidade”
As xornadas “Xenómica para a mellora das producións e a xestión da biodiversidade” que coa colaboración do...
VISITA A WEB OFICIAL DAS XORNADAS E ACCEDE AO PROGRAMA E CURRÍCULOS DOS RELATORES
As xornadas “Xenómica para a mellora das producións e a xestión da biodiversidade” que coa colaboración do Campus Terra organiza o grupo de investigación en xenética ACUIGEN, van supoñer a oportunidade de escoitar, e discutir, con algúns dos expertos españois mais relevantes en materias como a mellora da produción forestal, a conservación da biodiversidade, ou a mellora xenética en sectores clave para a economía galega como o vacún, o porcino ou a acuicultura.
Este foro será tamén unha forma de facer chegar ao sector produtivo galego as potencialidades da colaboración cos centros universitarios e tecnolóxicos, e en especial cos grupos de investigación lucense en áreas como a produción animal e vexetal, a seguridade alimentaria ou o mantemento da rica biodiversidade do noso mundo rural.
As xornadas diríxense a investigadores e estudantes de grao e máster de disciplinas científicas e técnicas con coñecementos básicos en xenética, e tamén a técnicos das industrias relacionadas co sector primario, das cooperativas e asociacións agrarias e o persoal técnico dos distintos departamentos das administracións públicas nos que as aplicacións da xenética son importantes.
As xornadas realizaranse os días 16 e 23 de xaneiro, en sesións de mañá e tarde.
Lugar de celebración : Sala de Xuntas da Facultade de Veterinaria, Campus Terra (Lugo).
Os asistentes ás xornadas, previamente inscritos, recibiran un diploma de asistencia ás mesmas.
Información e inscricións: Mónica Otero no correo electrónico: monicaafrica.otero [at] usc.es (monicaafrica[dot]otero[at]usc[dot]es)
As persoas interesadas deberán comunicalo ao correo sinalado, aportando os seus datos: nome e apelidos, DNI, teléfono, centro de estudos ou traballo, día da xornada á que asistirán, no caso de inscribirse para un só día. Unha vez solicitada a inscrición, a organización enviará por correo electrónico a información necesaria para realizar o pago da cota de inscrición. O xustificante de pago debera entregarse o primeiro día de asistencia á xornada, ou ben adiantalo por correo electrónico.
Custe da inscrición: a inscrición poderase materializar para os dous días, 40 euros, ou ben exclusivamente para un deles, 25 euros.
PROGRAMA
Martes 16 de xaneiro (11.30-14.00h; 16.00-18.30h)
-11:30-12:20 h: “Programa de selección genética en la raza rubia gallega: nuevas perspectivas”, a cargo de Juan Altarriba Farrán, catedrático de Xenética na Universidade de Zaragoza.
- 12.20-13:10 h: “La producción de vacuno de carne en España: implementación de selección genómica en el marco Europeo”, a cargo de Luis Varona, catedrático de Xenética da Universidade de Zaragoza.
-13:10-14:00 h: “La selección genómica en bovino de leche: un modelo a escala mundial”, a cargo de José Antonio Jiménez, xefe do departamento técnico da Confederación de Asociacións de Frisona Española (CONAFE).
-14:00-16:00h: Xantar
-16:00-16:50h: “La mejora y conservación de los recursos genéticos forestales”, a cargo de Delphine Grivet, investigadora Ramón y Cajal do INIA-CIFOR (Centro de Investigaciones Forestales). Madrid.
- 16:50-17:40h: “Aproximaciones genómicas en producción vegetal: la edición genómica”, a cargo de Pere Puigdomenech, profesor de Investigación do CSIC no Centro de Investigación en Agrixenómica (CRAG), Barcelona.
- 17:40-18:30h: “La depresión consanguínea en el hombre: Charles Darwin y las Dinastías Reales”, a cargo de Gonzalo Álvarez, catedrático de Xenética na Universidade de Santiago de Compostela.
Martes 23 de xaneiro (11.00-14.20h; 16.00-19:00h)
-11:00-11:50h: “Principios básicos de la genética de la conservación y sus aplicaciones”, a cargo de Armando Caballero, catedrático de Xenética da Universidade de Vigo.
-11:50-12:40h: “La recuperación del lince en la Península Ibérica”, a cargo de Jesús Fernández, científico titular do Instituto Nacional de Investigaciones Agrarias, INIA, no que dirixe na actualidade o departamento de Mellora Xenética Animal.
-12:40-13:30h: “Epigenómica y su aplicación en producción animal”, a cargo de Francesc Piferrer, profesor de Investigación no Instituto de Ciencias do Mar (CSIC) en Barcelona.
-13:30-14:20h: “Pasado, presente y futuro de la Mejora Genética Animal”, a cargo de Miguel Andres Toro, catedrático de Producción Animal na Universidade Politécnica de Madrid.
-14:20-16:30h: Xantar
- 16:30-17:20h: “Mejora genética y selección genómica en porcino”, a cargo de Miguel Pérez-Enciso, profesor de Investigación de ICREA e docente na Universitat Autònoma de Barcelona.
-17:20-18:10h: “ Mejora genética en acuicultura: hacia una producción sostenible”, a cargo de Paulino Martínez, catedrático de Xenética na Universidade de Santiago de Compostela.
-18:10-19:00h: “Arquitectura genética de caracteres productivos en acuicultura: selección para resistencia al virus IPN en salmón Atlántico”, a cargo de Diego Robledo, investigador postdoutoral no Roslin Institute, Universidade de Edimburgo, Escocia.