Actos de graduación no Campus Terra da USC
O reitor...
O Campus Terra da USC viviu unha fin de semana ateigada de actos de graduación na que o alumnado puido celebrar os seus anos de experiencias e formación recibida en Lugo.
O reitor da USC, Antonio López, presidiu o acto de graduación na Facultade de Veterinaria
A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel presidiu o acto de graduación do grao en Nutrición Humana e Dietética da Facultade de Ciencias
O adxunto á vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo para Estudantes, Internacionalización, Cultura e Servizos, Jesús Varela Zapata, presidiu a graduación do alumnado do grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
A adxunta á vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo para Investigación, Transferencia e Innovación, Elvira López Mosquera, foi a madriña de promoción do grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria. O acto de graduación estivo presidido polo reitor da USC Antonio López.
A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, presidiu o acto de graduación do alumnado de Enxeñaría Forestal e do Medio Natural, así como de Enxeñaría Civil na EPSE
Elvira López Mosquera, adxunta á vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo para Investigación, Transferencia e Innovación, presidiu as graduacións do alumnado en Administración e Dirección de Empresas, así como de Xestión de PEMES.