Ir o contido principal

ADE do Campus Terra retransmitirá en streaming a presentación do Enfoca-2

ADE del Campus Terra retransmitirá en streaming la presentación del Enfoca-2
ADE del Campus Terra retransmitirá en streaming la presentación del Enfoca-2
A Sala de Xuntas da Facultade de Dirección e Administración de Empresas do Campus Terra da USC retransmitirá en streaming, o vindeiro 23 de marzo, ás 17:00 horas, a presentación do certame...
Lugo

A Sala de Xuntas da Facultade de Dirección e Administración de Empresas do Campus Terra da USC retransmitirá en streaming, o vindeiro 23 de marzo, ás 17:00 horas, a presentación do certame ENFOCA-2.

 

Este concurso trata de identificar, formar e investir nos proxectos de emprendedores talentosos amparados por un formato de comunicación de reality de negocios. Os protagonistas principais serán emprendedores, inversores e empresarios que buscarán “facer negocio” dende diferentes partes do mundo. O obxectivo de ENFOCA-2 é que os dez mellores proxectos se presenten nunha gala final ante inversores e empresarios e/ou chegar a diferentes acordos para desenvolver os proxectos. Entre os inversores que participan no concurso atópanse Blusens Corporation, ICEX ou ALSA.

 

A presentación correrá a cargo de Gabriel Bellomusto, socio fundador de GBG ADVISORS, empresa promotora de ENFOCA-2 e José Ramón García, co-fundador e Presidente Executivo de Blusens Corporation.

 

Na mesma, os emprendedores interesados en participar no concurso poderán facer unha presentación do seu proxecto ante o co-fundador de Blusens, así como outras dinámicas. Para poder asistir, deberase cumprimentar o seguinte formulario.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.