Ir o contido principal

Almorzos Xustos e un obradoiro sobre soberanía alimentaria, próximas citas do proxecto USC Sostible no Campus Terra

Desayunos Justos y un taller sobre soberanía alimentaria, próximas citas del proyecto USC Sostenible en el Campus Terra
Desayunos Justos y un taller sobre soberanía alimentaria, próximas citas del proyecto USC Sostenible en el Campus Terra
O programa formativo do proxecto ‘USC Sostible’, de fomento de modalidades de consumo e produción sustentable, celebrará este martes 13 unha nova sesión dos Almorzos Xustos, nesta ocasión no Campus...
Lugo

O programa formativo do proxecto ‘USC Sostible’, de fomento de modalidades de consumo e produción sustentable, celebrará este martes 13 unha nova sesión dos Almorzos Xustos, nesta ocasión no Campus Terra, e o obradoiro ‘Modelos de produción ao servizo das persoas: a soberanía alimentaria’, tanto en Santiago como en Lugo. Os Almorzos Xustos chegarán ao Campus Terra este martes, iniciativa na que as persoas interesadas poderán participar entre as 11.00 e as 13.00 horas na Biblioteca Intercentros. Cun café como nexo común, o obxectivo é propiciar unha reflexión entre a comunidade universitaria sobre que significa un produto xusto así como fomentar o consumo responsable.

 

Máis información no Xornal da USC 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.