Alumnado de Formación do Profesorado impulsa a exposición ‘Educación en Feminimo: un paseo pola historia’

O vestíbulo da Biblioteca Pública de Lugo acolle ata o 17 de marzo, co gallo da celebración do Día Internacional da Muller este venres 8 de marzo, a exposición ‘Educación en Feminimo: un paseo pola...
Lugo
O vestíbulo da Biblioteca Pública de Lugo acolle ata o 17 de marzo, co gallo da celebración do Día Internacional da Muller este venres 8 de marzo, a exposición ‘Educación en Feminimo: un paseo pola historia’ verbo das mulleres educadoras máis sobranceiras na historia de Galicia e de todo o mundo.
A exposición está composta por pósters elaborados por alumnado da Facultade de Formación do Profesorado, pertencente á materia ‘Teoría e Historia da Educación Escolar’, acompañados de materiais bibliográficos de / ou sobre as educadoras seleccionadas.
Esta actividade é de acceso libre os días laborables de 9.00 a 21.00 horas e sábados de 10.00 a 14.00 horas.