Ir o contido principal

As culturas contemporáneas, a debate esta fin de semana no Campus Terra da USC no marco do CulturaLab de Primavera

Las culturas contemporáneas, a debate este fin de semana en el Campus Terra de la USC en el marco del CulturaLab de Primavera
Las culturas contemporáneas, a debate este fin de semana en el Campus Terra de la USC en el marco del CulturaLab de Primavera
As culturas híbridas, os novos espazos de experimentación e creación, a diversidade cultural e o dereito á cultura centrarán esta fin de semana a temática das distintas sesións programadas no marco...
Lugo

As culturas híbridas, os novos espazos de experimentación e creación, a diversidade cultural e o dereito á cultura centrarán esta fin de semana a temática das distintas sesións programadas no marco do CulturaLab de Primavera da USC, un programa que se desenvolverá os días 20 e 21 de maio na Casa do Saber de Lugo baixo o título ‘Olladas arredor da cultura contemporánea’ e que nesta edición mestura o tradicional formato dos seminarios de análise e debate xurdidos na década de 1960 no Instituto Masculino (IES Lucus Augusti) de Lugo, cos foros abertos do CulturaLab do Campus Terra.

 

Estruturado en diversos bloques ou áreas temáticas, o CulturaLab de Primavera da USC converterá Lugo na capital da vangarda da cultura contemporánea e transformará a cidade nun espazo aberto, de encontro e reflexión arredor da cultura, das súas diversas manifestacións, novos espazos e da súa concepción como dereito. A primeira sesión deste foro experimental desenvolverase a partir das 9.15 horas e achegará ao público asistente as culturas híbridas a través dos testemuños e relatos de Nadia Teixeira, Verónica Verdejo e Daniel Díez, compoñentes dun colectivo investigador da Fundación Cerezales Antonino e Cinia, que guiarán unha conversa titulada ‘Cara a unha cultura situada’.

 

O colectivo Espazo Matroska guiará un foro sobre posibilidades artísticas e comunidades rurais. Unha intervención da compañía DanzaUSCLugo, que interpretará a peza ‘Pulsos’, seguida dun coloquio con Sonia Bello, da Asociación Itínera, sobre saúde mental e cultura, e unha performance no parque Rosalía de Castro, a cargo do grupo de teatro Down Soños, pechará este sábado a sesión matinal do CulturaLab de Primavera da USC.

 

A programación deste foro experimental arredor da cultura contemporánea seguirá en quenda de tarde cunha conversa sobre diversidade e cultura, na que a xerente da Rede de Museos de Lugo, Encarna Lago, tratará cuestións relacionadas cos museos sociais e sociocráticos. A xornada inclúe tamén a presentación do proxecto piloto ‘Downseño: deseño gráfico con outra mirada’, unha iniciativa desenvolvida por Tatata e Down Lugo.

 

O profesor do Departamento de Historia da Arte da USC Miguel Anxo Rodríguez achegará ao público presente a experimentación de novos espazos culturais cunha intervención na que viaxará desde os museos ata outros espazos acaídos para a arte. Nesta mesma liña, integrantes do colectivo cultural de arquitectos Benidorm Ergosfera afondarán na metáfora cultural que supón esta cidade alacantina pola efervescencia das múltiples e diversas manifestacións que acollen as súas rúas e prazas.

 

Un obradoiro participativo sobre a concepción da cultura como un dereito que todas as persoas poden reivindicar, ao tempo que teñen o deber de exercer, servirá o domingo de epílogo deste CulturaLab de Primavera. Esta sesión estará guiada polo comisario de museos e investigador Fran Quiroga. Ao seu remate, María Roja e Santi Romay protagonizarán a performance ‘Agallope Performers’ no treito da muralla comprendido entre as portas de Santiago e Bispo Odoario.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.