Ir o contido principal

Biorecovery e Coeduca Consultora de Coeducación do Campus Terra, premiados no XVI Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC

Biorecovery y Coeduca Consultora de Coeducación del Campus Terra, premiados en el XVI Concurso de Proyectos Empresariales Innovadores de la USC
Biorecovery y Coeduca Consultora de Coeducación del Campus Terra, premiados en el XVI Concurso de Proyectos Empresariales Innovadores de la USC
O XVI Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC vén de premiar a Biorecovery e Coeduca Consultora de Coeducación do Campus Terra, nas categorías de mellores proxectos empresariais e...
Lugo

O XVI Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC vén de premiar a Biorecovery e Coeduca Consultora de Coeducación do Campus Terra, nas categorías de mellores proxectos empresariais e promoción da Lingua galega, respectivamente.

 

Biorecovery, premiada con 2000 euros, propón unha empresa enfocada á reciclaxe e valorización de subprodutos das industrias agroalimentarias. A curto prazo o seu obxectivo é a transformación de sangue dos matadoiros, que constitúe un residuo perigoso, en fariña de sangue, un composto inocuo con aplicación na elaboración de fertilizantes para agricultura, tanto convencional como ecolóxica.

 

As proxeccións da empresa a medio prazo abranguen un máis amplo abano de produtos, con especial fincapé na elaboración de formulados para pensos de alimentación animal. Biorecovery conta coa colaboración dunha empresa catalá, que xa está a promocionar algúns dos seus produtos entre os matadoiros de toda España. Promoven este proxecto Abraham Rivera Peña, Hiram Varela Rodríguez, José Manuel Magide Ameijide, Adrián Rodríguez Chantres e Juan José Redondo Floriano.

 

Cunha dotación de 1.000 euros, Coeduca é a primeira entidade especializada en coeducación de España que implanta plans de igualdade con metodoloxía finlandesa para centros escolares, administracións públicas e entidades que queiran promover unha sociedade máis igualitaria entre mulleres e homes. O proxecto social nace coa intención de previr a violencia de xénero dende a educación en igualdade e co obxectivo de implantar a primeira rede de centros co educativos de Galicia e a primeira de España da formación profesional.

 

Coeduca, premiada cos Idea Lugo 2016 á innovación e ao emprendemento e finalista do Yuzz Mujer 2017, executou o primeiro Plan de Igualdade de centro con metodoloxía finlandesa da historia de Galicia e o primeiro de España da formación profesional. Nestes momentos a entidade de coeducación implanta o programa Relaciona do Instituto da Muller en Galicia para formar ao profesorado en Igualdade e implanta os primeiros plans de igualdade para centros escolares. En 2018 ten previsto executar os primeiros Plans de Igualdade con metodoloxía finlandesa para concellos, creará as primeiras escolas infantís coeducativas e participará no programa Edumotiva da Xunta de Galicia. Esta é unha proposta de María del Pilar, Cecilia e Sandra Porral Iglesias.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.