BioReDes organiza a xornada ‘Estratexia e oportunidades de Internacionalización’ o 26 de febreiro na Sala de Xuntas da EPS de Enxeñaría
A Agrupación Estratéxica de Investigación do Campus Terra BioReDes, a través do grupo de traballo coordinado pola catedrática da USC Rosa Mosquera, impulsa a xornada ‘Estratexia e oportunidades de Internacionalización’ que terá lugar o martes 26 de febreiro, a partir das 9.45h, na sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría e dirixida a todos os investigadores e técnicos do Campus Terra.
A propia Rosa Mosquera abrirá a quenda de intervencións presentando a estratexia de Internacionalización de BioReDes para o seu primeiro ano de execución. Acto seguido, Susana López, Técnico de Proxectos Internacionais de I+D+i da USC, presentará as oportunidades de proxectos para BioReDes no eido internacional.
O posicionamento dos grupos de investigación de BioReDes no ámbito internacional será obxecto de análise por parte da directora do Departamento de Programas Europeos de FEUGA, Almudena Justo Martínez, así como por Nuria Rodríguez Aubó, quen traballa do eido da transferencia e innovación de programas europeos en FEUGA.
Logo dun breve descanso, Rosa Mosquera e Almudena Justo, xunto con Ana Otero, coordinadora do GI AQUABIOTEC, falarán da avaliación de proxectos europeos. A continuación, o director de BioReDes e catedrádico da USC no Campus Terra, Paulino Martínez, e Rosa Mosquera, afondarán na presentación de proxectos europeos nos eidos da Acuicultura e da Agrigultura, respectivamente. Nesta parte da xornada tamén participará o catedrático da USC, Santiago Pereira.
A xornada pecharase con distintos debates sobre a estratexia de internacionalización de BioReDes. A entrada ao acto é libre ata completar aforo pero prégase que os e as interesadas en asistir envíen un correo a bioredes.info [at] usc.es (bioredes[dot]info[at]usc[dot]es). Emitiranse certificados de asistencia con solicitude previa.
Consulta o programa completo da xornada.