Ir o contido principal

Bolsas da Cátedra Cajamar da UPV

Becas de la Cátedra Cajamar de la UPV
Becas de la Cátedra Cajamar de la UPV
A Cátedra Cajamar, adscrita na Universitat Politècnica de València ao Centro de Investigación en Gestión de Empresas (CEGEA), ofrece 9 bolsas para o EXPERTO UNIVERSITARIO EN XESTIÓN DE COOPERATIVAS...
Lugo

A Cátedra Cajamar, adscrita na Universitat Politècnica de València ao Centro de Investigación en Gestión de Empresas (CEGEA), ofrece 9 bolsas para o EXPERTO UNIVERSITARIO EN XESTIÓN DE COOPERATIVAS AGROALIMENTARIAS. Trátase dunha bolsa para a matrícula completa do Experto Universitario e 8 bolsas parciais para cubrir a metade da matrícula. Os interesados deben enviar un email a cegea [at] upvnet.upv.es (cegea[at]upvnet[dot]upv[dot]es), indicando no asunto do correo “Bolsa Experto Cooperativas” e achegando un CV resumido (unha páxina máximo), copia do expediente académico e unha carta motivando o interese polo curso. Admítense alumnos de último curso no seu grao ou título universitario. O Experto Universitario en Xestión de Cooperativas Agroalimentarias forma parte do itinerario formativo do Máster en Dirección de Cooperativas Agroalimentarias-MBA. O prazo máximo para recibir as solicitudes é o 30 de setembro até as 14 h.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.