Ir o contido principal

Carlos Amiama, coordinador do Máster en Dirección de Proxectos do Campus Terra: “A mellor publicidade son os nosos alumnos”

Carlos Amiama, coordinador del Máster en Dirección de Proyectos del Campus Terra: “La mejor publicidad son nuestros alumnos”
Carlos Amiama, coordinador del Máster en Dirección de Proyectos del Campus Terra: “La mejor publicidad son nuestros alumnos”
Aínda estás a tempo de solicitar a túa praza no Máster en Dirección de Proxectos (MDP) do Campus Terra da USC: tes ata o 4 de agosto. O coordinador da titulación explícache cales son as súas...
Lugo

Aínda estás a tempo de solicitar a túa praza no Máster en Dirección de Proxectos (MDP) do Campus Terra da USC: tes ata o 4 de agosto. O coordinador da titulación explícache cales son as súas principais saídas profesionais.

 

Campus Terra (C.T.): Cales son os obxectivos fundamentais do seu máster?

Carlos Amiama (C.A.): O MDP e un máster de carácter profesional orientado a aqueles titulados, de calquera procedencia, que no desempeño da súa actividade profesional descobren a necesidade de formarse na xestión de proxectos. Preténdese proporcionar ao alumno unha formación especializada orientada á dirección de proxectos cun marcado carácter práctico.

 

C.T.: De que modo este máster contribúe a mellorar a inserción profesional do alumno?

C.A.: O Director de Proxecto é unha figura amplamente recoñecida na actualidade no ámbito laboral e, se ben é certo que a súa maior implantación produciuse no  sector industrial, da construción e informática, tamén o é que  a súa aparición noutros ámbitos (turismo, medio ambiente, ONGs, entre outros) é cada vez máis xeralizada. Paralelamente a esixencia dalgún tipo de certificación en dirección de proxectos está a ser unha constante na incorporación de profesionais a empresas orientadas por proxectos.

 

C.T.: Por que considera que un alumno debe decantarse polo seu Máster e por un Campus como o Campus Terra da USC?

C.A.: A nosa mellor publicidade son os nosos alumnos. O incremento na demanda do máster por alumnos de fóra do Espazo Europeo de Educación Superior (nesta edición presentáronse 13 solicitudes para 5 prazas ofertadas) unido á elevada demanda que vén de fóra da nosa comunidade (a día de hoxe a metade dos alumnos españois matriculados proceden de fora de Galicia) é un claro reflexo do elevado grado de satisfacción dos alumnos egresados.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.