Ir o contido principal

Ciencias acolle do 24 ao 29 de abril as ‘III Xornadas de Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias’

Ciencias acolle do 24 ao 29 de abril as ‘III Xornadas de Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias’
Ciencias acolle do 24 ao 29 de abril as ‘III Xornadas de Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias’
O Mestrado en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias que se imparte na Facultade de Ciencias da USC impulsa as ‘III Xornadas de Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía...
Lugo

O Mestrado en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias que se imparte na Facultade de Ciencias da USC impulsa as ‘III Xornadas de Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias’ que se desenvolverán na Aula 2 da facultade lucense, así como na Sala de Xuntas da Facultade de Farmacia, ambas as dúas vinculadas por videoconferencia, entre os días 24 e 29 de abril.

 

As xornadas abriranse coa intervención da doutora Sarah Pastorelli, Manager Products Compliance en Philip Morris International, quen falará dos aspectos xerais da seguridade alimentaria o mércores 24, a partir das 12.00h. Ao día seguinte, en idéntico horario, o director xeral de El Hórreo Healthy Food S. L., Joaquín Monte Fernández, afondará na seguridade alimentaria dentro das pequenas empresas.

 

O 29 de abril, en quenda de tarde, o doutor Rafael Paseiro Cerrato disertará, ás 16.00h, sobre a aplicación de técnicas analíticas avanzadas para a caracterización de substancias químicas; mentres que Juana Bustos García de Castro, responsable técnico de Contaminantes do Centro Nacional de Alimentación da Agencia Española de Seguridad Alimentaria y Nutrición, abordará, ás 17.30h, os riscos químicos dos materiais en contacto cos alimentos.

 

O acceso aos distintos relatorios é libre. Preme nesta ligazón para consultar o programa completo das xornadas.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.