Ir o contido principal

Concerto de frauta e piano este luns na Casa do Saber no marco do ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’

Concierto de flauta y piano este lunes en la Casa do Saber en el marco del ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’
Concierto de flauta y piano este lunes en la Casa do Saber en el marco del ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’
O dúo de frauta e piano formado por Marta Femenía Martínez e Karla Martínez Rabanal ofrecerán este luns, a partir das 20.00 horas, un concerto na Casa do Saber de Lugo, no marco do ciclo ‘Músicas a...
Lugo

O dúo de frauta e piano formado por Marta Femenía Martínez e Karla Martínez Rabanal ofrecerán este luns, a partir das 20.00 horas, un concerto na Casa do Saber de Lugo, no marco do ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’, unha programación organizada en colaboración coa Entidade de Xestión dos Artistas Intérpretes ou Executantes da música (AIE) ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento do Concello e da Deputación de Lugo, así como da USC.

 

O concerto de Martínez Rabanal e Femenía Martínez, de entrada libre e de balde para todo o público interesado ata completar o aforo, permitirá aos asistentes gozar dun repertorio variado durante o que se interpretarán composicións de Peris, Femenía, Debussy, Dutilleux e Poulenc.

 

Karla Martínez Rabanal

Nada na Habana (Cuba) en 1988, a pianista Karla Martínez Rabanal licenciouse con diploma de ouro na especialidade de piano no Instituto Superior de Arte de Cuba cos profesores Patricio Malcolm e Rosalía Capote. Cursou un posgrao musical no Liceu de Barcelona co mestre Tensy Krismant grazas a unha bolsa da Fundación Carolina. Así mesmo, realizou cursos na Universidade de Música (Artisten) en Gotemburgo-Suecia. Dende o curso 2015-2016 é alumna da Escuela Superior de Música Reina Sofía, no Departamento de Piano xunto co profesor titular, Dimitri Baskhirov, sendo beneficiaria dunha bolsa da Fundación Carolina e a Fundación Albéniz.

 

Martínez Rabanal obtivo en 2015 o primeiro premio da 45 edición do Concurso de Piano Juventudes Musicales de Vilafranca del Penedès e por iso, foi convidada a formar parte do catálogo da Xarxa de Músiques de Catalunya, o circuíto de concertos de Juventudes Musicales, para a tempada 16-17. Recibiu o primeiro premio que outorga o concurso de piano Cicle de Primavera de Barcelona 2015, tamén o segundo premio en música de cámara no Certamen Concurso L´Arjau, presentándose nesta ocasión como integrante do Trío Mousike. Foi galardoada anteriormente nos concursos Amadeo Roldán, Concurso Iberoamericano en Cuba, María Clara Cullell (Costa Rica, 2004) e Musicalia; e tamén en música de cámara no Concurso UNEAC.

 

Marta Femenía Martínez

A frautista Marta Femenía Martínez naceu en Madrid en 1991 e realizou os seus estudos superiores co profesor Manuel Rodríguez, coroándoos co Premio de Honor Fin de Carrera, no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid. Recibiu clases de Davide Formisano, Julien Beaudiment, Soyoung Lee, Mario Caroli, Vicens Prats, Samuel Coles, Harrie Starreveld, José Sotorres, Juana Guillem, Miguel Ángel Angulo e Antonio Arias entre outros. Entre 2010 e 2011 estudou na Académie Internationale d’Eté de Niza, baixo a tutela de Claude Lefebvre, con quen continuou a súa formación en París.

 

Dende 2013 perfecciona os seus estudos na Escuela Superior de Música Reina Sofía na Cátedra de Frauta con Jacques Zoon e Salvador Martínez Tos, recibindo no curso 2015-2016 de mans da Súa Maxestade a Raíña Doña Sofía o premio de Alumno más Sobresaliente da súa Cátedra. Goza dunha bolsa da Fundación BBVA, bolsa de alta especialización da AIE e bolsa de matrícula Fundación Albéniz.

 

Forma parte da Joven Orquesta y Coro da Comunidade de Madrid e da Joven Orquesta Nacional de España. Colaborou con diversas orquestras como a Orquesta y coro de Radio Televisión Española. En 2014 ingresa na academia da Orquesta Nacional de España. Traballou baixo as batutas de Jesús López Cobos, András Schiff, George Pehlivavian, Lutz Köhler, David Afkham, Juanjo Mena, Semyon Bychkov, Eliahu Inbal, Maxim Emelyanychev, Xian Zhang, Stefan Lano, Eldar Nebolsin, José Ramón Encinar, Víctor Pablo Pérez, Miguel Romea, Andrés Salado, Vicente Alberola, Cristóbal Soler, Manuel Coves e Jordi Francés, entre outros.

  

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.