Consulta a oferta formativa do Espazo de Teatro da USC no Campus Terra para o curso 2018-2019
TALLER DE ARTE DRAMÁTICA
Clases e encontros abertos o 1 e 3 de outubro de 20:30 a 22:00
Datas: do 15 de outubro ao 14 de novembro
Horarios: luns e mércores, de 20:30 a...
AULA DE TEATRO
TALLER DE ARTE DRAMÁTICA
Clases e encontros abertos o 1 e 3 de outubro de 20:30 a 22:00
Datas: do 15 de outubro ao 14 de novembro
Horarios: luns e mércores, de 20:30 a 23:30
Prazas: 14
Obxectivos
Afondar na formación teatral, atendendo principalmente ao coñecemento do corpo como ferramenta básica de traballo e á creación de materiais.
Contidos
Adestramento do actor
Traballo de presenza escénica
A anatomía da voz
Creación e procura de materiais
Traballo de investigación e documentación
O grupo. A escoita, a concentración, o compromiso nunha montaxe
Prezos
Comunidade universitaria: 50 euros / Taxa xeral: 100 euros
Lugar
Aula de teatro e danza (Aulario da Facultade de Veterinaria)
Imparte
Paloma Lugilde
Recoñecido con 1 crédito de LC ou 1 ECTS
TALLER DE INTERPRETACIÓN TEATRAL – DRAMATURXIA ACTORAL
Obxectivos: visualizar o teatro como unha ferramenta útil de socialización e adestramento físico e vocal
Contidos:
- A formación dun grupo
- Coñecemento do grupo
- A escoita do grupo
- A formación corporal.- Adestramento corporal e expresividade corporal. A columna vertebral, a postura, a escoita do meu propio corpo para saber o que precisa, o seu coidado. O movemento, a presenza
- A respiración e a vocalización. A eliminación de tensións, resoadores, mecanismos, articulación, proxección. Voces rotas. A voz cantada.
- A dramaturxia actoral
Data: do 8 de outubro ao 17 de decembro
Horarios: luns de 11:30 h a 13:30h
Prazas: 12
Prezos comunidade universitaria: 60 euros / Taxa xeral: 90 euros
Lugar: Casa do Saber
Relatora: Paloma Lugilde
COMPAÑÍA DE TEATRO
Para formar parte da compañía de teatro é necesario cursar o Taller de Arte Dramática
Datas: do 19 de novembro ao 10 de abril
Horarios: luns e xoves, de 20:30 a 23 h (fins de semana por concretar)
Lugar de ensaios: Aula de teatro e danza (Aulario da Facultade de Veterinaria)
Dirección: Paloma Lugilde
Traballo de montaxe escénica, estrea e posterior xira.
O calendario de traballo para este proceso adaptarase aos requirimentos técnicos da montaxe así como ás necesidades académicas das persoas participantes.
Actividade recoñecida con 6 créditos ECTS
Infórmate na Área de Cultura do Campus de Lugo
Pazo de Montenegro - Praciña da Universidade s/n, 2º andar
Teléfonos: 982 821 510 / 982 821 513
e-mail: cultura.lugo [at] usc.es (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]es)