Curso de Verán da USC: ‘A política de desenvolvemento rural 2014-2020. Novos e vellos retos para as áreas rurais’
Os grupos de investigación ECOAGRASOC e LABORATE organizan dentro dos Cursos de Verán da USC 2016 as xornadas ‘A política de desenvolvemento rural 2014-2020. Novos e vellos retos para as áreas...
Lugo
Os grupos de investigación ECOAGRASOC e LABORATE organizan dentro dos Cursos de Verán da USC 2016 as xornadas ‘A política de desenvolvemento rural 2014-2020. Novos e vellos retos para as áreas rurais’. O evento terá lugar na Escola Politécnica Superior de Lugo durante os días 12, 13 e 14 de xullo, cunha duración de 20 horas lectivas.
O curso está dirixido polos profesores Edelmiro López Iglesias e Mª do Mar Pérez Fra, exercendo as funcións de secretaría Emilio R. Díaz Varela e Francisco Ónega López. Cofinanciadas pola Deputación Provincial de Lugo, estas xornadas reunirán durante tres días a destacados expertos en materia de desenvolvemento rural tanto do ámbito académico como do asociativo, o profesional ou o das institucións públicas.