Ir o contido principal

D3Mobile 2017 supera os seus niveis de participación e internacionalización con 1.476 estudantes e 350 docentes de 44 países

 D3Mobile 2017 supera sus niveles de participación e internacionalización con 1.476 estudiantes y 350 docentes de 44 países
D3Mobile 2017 supera sus niveles de participación e internacionalización con 1.476 estudiantes y 350 docentes de 44 países
O campionato científico escolar D3Mobile, un certame promovido polo grupo de investigación Cigeo da Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC, vén de superar na súa edición de 2017 os niveis...
Lugo

O campionato científico escolar D3Mobile, un certame promovido polo grupo de investigación Cigeo da Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC, vén de superar na súa edición de 2017 os niveis de participación e internacionalización, ao contabilizar entre os distintos equipos participantes un total de 1.476 estudantes e 350 docentes pertencentes a 268 centros educativos de 44 países diferentes.

 

As estatísticas de participación de D3Mobile 2017 revelan un incremento sostido ao longo das cinco edicións xa celebradas deste campionato científico, que no presente ano contabilizou un 10% máis de escolares que en 2016, un aumento que se eleva ao 40% no caso do profesorado implicado. Asemade, cómpre subliñar que a metade destas novas promesas STEM (Science, Technology, Engineering e Matemáticas) son estranxeiras, o que conleva un aumento do 23% no seu grao de internacionalización respecto á D3Mobile 2016.

 

Unha vez rematada a fase de competición, durante a que os equipos inscritos neste campionato científico escolar tiveron que desenvolver as distintas probas propostas pola organización, os promotores do certame veñen de abrir o prazo de votacións para determinar os modelos 3D máis valorados polo público, un proceso que permanecerá aberto en liña ata o vindeiro 15 de xullo na páxina web www.d3mobile.es, na que tamén se poden ver todos os modelos presentados ao certame, xeolocalizados nun mapa elaborado polo Instituto Xeográfico Nacional. Os modelos tamén están accesibles na rede social 3D do campionato.

 

Todas as personas que tomen parte nas votacións abertas, a través das que se busca achegar a ciencia á cidadanía, entrarán no sorteo de diversos agasallos. A creación dunha categoría de modelos 3D máis votados polo público persigue, por unha banda, inculcar entre os participantes o importante labor que ten na sociedade actual divulgar o traballo feito e, por outra, que os finalistas consigan o recoñecemento social da súa contorna, segundo sinalaron o coordinador do D3Mobile, Juan Ortiz, e Mariluz Gil Docampo, directora do grupo de investigación Cigeo da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.