Ir o contido principal

D3Mobile reúne a promesas ‘STEM’ no Campus Terra da USC

D3Mobile reúne a promesas ‘STEM’ no Campus Terra da USC
D3Mobile reúne a promesas ‘STEM’ no Campus Terra da USC
A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, presidiu a cerimonia de entrega de premios da sexta edición de D3 Mobile Metrology World League, no marco dun acto na Escola...
Lugo

A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, presidiu a cerimonia de entrega de premios da sexta edición de D3 Mobile Metrology World League, no marco dun acto na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría no que tamén estivo presente o tenente de alcalde do Concello de Lugo, Miguel Fernández; o deputado provincial Pablo Rivera Capón; o director do Servizo Rexional do Instituto Xeográfico Nacional, Pablo Carballo; o subdirector Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación de Profesorado, Iván Mira Fernández; a coordinadora do grupo de investigación Cigeo da USC, Mariluz Gil Docampo; e o tamén profesor na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría e director do proxecto D3mobile, Juan Ortiz.

 

 

A sexta edición deste campionato premiou á formación Buddy, da Borusan Asim Kocabiyik Vocational and Technical Anatolian High School de Istambul (Turquía), que se proclamou campioa absoluta cunha figura sobre Capadocia escaneada en 3D. O gañador do premio ao mellor equipo de mozos metrólogos galegos, outorgado pola Xunta de Galicia, foi para o equipo Sapoconchos, do IES da Pobra do Caramiñal (A Coruña).

 

Os equipos galardoados na D3Mobile Metrology World League 2018, un campionato pioneiro de modelado 3D de precisión teléfono móbil e/ou tablet orientado a estudantes preuniversitarios e promovido polo grupo de investigación Cigeo do Campus Terra da USC en colaboración con Universia do Banco Santander, o Centro Español de Metroloxía (CEM) e o Instituto Xeográfico Nacional (IGN-CNIG), Fundación Mujeres, ademais doutras entidades públicas e privadas, recolleron os seus respectivos premios no marco dunha cerimonia de entrega de agasallos que congregou na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC a docentes e a novas promesas ‘STEM’ (acrónimo en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) que están a realizar estudos de ESO e BAC en diferentes centros educativos de ensino medio de Pamplona, A Proba do Caramiñal, Vimianzo e Viveiro.

 

 

 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.