Ir o contido principal

D3Mobile reúne novas promesas ‘STEM’ no Campus Terra da USC

D3mobile reúne nuevas promesas 'STEM' en el Campus Terra de la USC
D3mobile reúne nuevas promesas 'STEM' en el Campus Terra de la USC
Un equipo do IES Acci da localidade granadina de Guadix integrado por Emilio García García, Alberto Gómez Morillas, Juan Manuel Ramírez García e Alejandro Cascales Rodríguez e coordinado pola...
Lugo

Un equipo do IES Acci da localidade granadina de Guadix integrado por Emilio García García, Alberto Gómez Morillas, Juan Manuel Ramírez García e Alejandro Cascales Rodríguez e coordinado pola profesora Cecilia Fernández López, vén de proclamarse gañador da quinta edición de D3Mobile Metrology World League, un campionato de modelado 3D de precisión con teléfono móbil, convocado polo grupo de investigación Cigeo da USC, patrocinado pola Unesco e que conta con financiación da Xunta de Galicia e Universia. A entrega de premios, presidida polo vicerreitor de Coordinación, Javier Bueno, celebrouse o venres 20 na EPSE do Campus Terra.

 

Equipos da Unidade Educativa Fiscomisional Calasanz de Loja (Ecuador) e do Nurettin Dolgun Mesleki ve Teknik Anadolu Lisesi, de Agri (Turqula) proclamáronse subcampión e terceiro clasificado, respectivamente, deste torneo. D3Mobile é unha experiencia educativa dirixida a novas promesas STEM, que axuda a que os participantes adquiran diversas competencias do século XXI, en termos da Unesco, e en cuxa edición 2017 tomaron parte 1.476 alumnos e 350 profesores de 268 centros educativos de 44 países.

 

Os gañadores da D3Mobile 2017 conseguiron na última proba un error medio  inferior a 0,2 mm nas medicións dun modelo 3D de 200 mm de diagonal maior, mentres que no segundo exercicio, elaboraron o modelo 3D dun conxunto de obxetos inspirado en Eschner, artista holandés autor de xeometrías imposibles de base matemática influídas polos mosaicos e estucados da Alhambra. Cada membro deste equipo recibiu un premio tecnolóxico, ademais dunhas gorras autografiadas por Marc Márquez, que apoiou con esta doazón a presente edición do campionato, como o fixeran antes Pau Gasol, Rafa Nadal, Iker Casillas e Máverick Viñales con outros regalos autografiados.

 

Un modelo dunha figura da ceramista Carme Romero gaña na categoría Artistas 3D

O equipo FLÛSHD, do CPI A Xunqueira de Fene, formado polos alumnos Mario Bolaño Ameneiro, Óscar González Yáñez e Víctor Graña Martínez, coordinados pola profesora Blanca López Moreno acadou o premio como mellor equipo do mundo na categoría de modelo 3D de maior calidade visual, cunha figura da ceramista galega Carme Romero.

 

O galardón á difusión do labor científico desenvolvido na USC foi para o equipo do IES A Sangriña de A Guarda coordinado por Carmen López Fernández, cun modelo 3D duhna caracola, representativo do traballo do seu paisano, o investigador Emilio Rolán Mosquera. Con este premio, a USC convértese na primeira universidade que difunde as súas investigación a través do modelado 3D. Carmen López gañou tamén o premio Fundación Comforp ao profesor español mellor clasificado dun centro no que se imparta automoción.

 

Modelos 3D inspirados nos obxectivos estratéxicos da Unesco

O premio ‘Estratexias para a educación no mundo’ da Unesco foi para a Unidade Educativa Fiscomisional Calasanz de Loja (Ecuador) por un modelo 3D dun libro. O galardón ‘Estratexias para a ciencia no mundo’ recaeu no CPI a Xunqueira de Fene cun modelo 3D dun Dew Bank, un contenedor deseñado por Pak Kitae para recoller auga de choiva. O IES Quartó de Portmany de Ibiza obtivo o premio ‘Estratexias para o desenvolvemento social, o patrimonio e a cultura no mundo’ por un modelo 3d dunha escultura. Asemade, o premio ‘Estratexias para a comunicación e a información no mundo’ recaeu tamén nun equipo ecuatoriano da Unidade Educativa Fiscomisional Calasanz de Loja por un modelo 3D dunha máquina de escribir.

 

Difusión internacional da USC, Campus Terra e titulacións da EPS de Enxeñaría

O galardón da D3Mobile orientado a fomentar as competencias dos alumnos na realización dunha campaña de difusión en aras de que o público valore e vote o seu modelo 3D foi, na categoría de metrólogos, para o equipo do Institute of Mathematics and Informatics de Razlog (Bulgaria) formado por Maria Radoslavova Manzurova e Blagoy Radoslavov Manzurov, e coordinado pola profesora Maria Brauchle, gracias a un orixinal vídeo promocional co que deron a coñecer o seu modelo 3D dunha escultura. Na Artistas 3D, o premio foi para outro simpático vídeo e unha campaña en redes sociais dun modelo 3D do maniquí de anatomía humana realizado por estudantes da Unidade Educativa Mariscal Sucrre de Guayaquil.

 

Gañadores de Galicia, Lugo e Coruña

O premio da Xunta ao mellor equipo galego foi para os participantes do IES Sofía Casanova de Ferrol coordinados por Eva Leira Bouzamayor. Vladímir Shmidt, Pablo López Río, Adrián Carballido Lamas e David Carballido Lamas, catro alumnos do IES Vilar Ponte de Viveiro coordinados por Ana Belén Lamas Lombao, proclamáronse gañadores do premio que outorga a Deputación de Lugo ao mellor equipo da provincia. O Premio Innovación D3Mobile – Concello de A Coruña foi para o equipo do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda formado por Alfredo Chavert Sánchez, Roque Placer Regueira, Alejandro Vázquez López e Diego Moral Fernández, coordinados por Mario Simón García González.

 

Mujeres científicas/tecnólogas na arquitectura e na enxeñaría

O premio D3Mobile-Fundación Mujeres, que distingue modelos representativos dunha científica/tecnóloga de éxito nos campos da enxeñaría/arquitectura, foi para o dúo do IES Iturrama de Pamplona formado por Irene Salvoch e Iker Alfonso, coa titoría de Miren Josune Ballarena Urroz, por un modelo 3D sobre Margaret Knight.

 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.