Dirección de proxectos, roles e perspectivas, a debate nun foro de Aeipro na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC
A Asociación Española de Dirección e Enxeñaría de Proxectos (Aeipro) organiza en colaboración coa área de Proxectos de Enxeñaría da USC unha xornada técnica sobre dirección de proxectos, roles e...
Lugo
A Asociación Española de Dirección e Enxeñaría de Proxectos (Aeipro) organiza en colaboración coa área de Proxectos de Enxeñaría da USC unha xornada técnica sobre dirección de proxectos, roles e perspectivas, un foro de inscrición gratuíta que se desenvolverá o vindeiro 31 de marzo en quenda de tarde, a partir das 17.00 horas, no salón de actos da Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC. Consulta aquí o programa completo da xornada.