Ir o contido principal

Formación do Profesorado trata nun curso de verán o enfoque dos problemas ambientais desde a educación primaria e infantil

Formación del Profesorado trata en un curso de verano el enfoque de los problemas ambientales desde la educación primaria e infantil
Formación del Profesorado trata en un curso de verano el enfoque de los problemas ambientales desde la educación primaria e infantil
A Universidade de Verán 2018 ofrece os días 18 e 19 de xuño na Facultade de Formación do Profesorado do Campus Terra da USC un curso no que reflexionará sobre Como afrontar os problemas ambientais...
Lugo

A Universidade de Verán 2018 ofrece os días 18 e 19 de xuño na Facultade de Formación do Profesorado do Campus Terra da USC un curso no que reflexionará sobre Como afrontar os problemas ambientais desde a Educación Primaria e Infantil? Relatorios e Obradoiros. A matrícula neste programa formativo, estruturado en 16 horas lectivas e aberto á participación dun máximo de 60 persoas, pode formalizarse de xeito presencial ou a través da páxina web ata o próximo 8 de xuño.

 

O curso estival da USC dirixido pola profesora da USC Paloma Blanco Anaya e do que actúa como secretaria Inés Mosquera Bargiela, pretende amosar a necesidade de abordar os problemas ambientais nas primeiras etapas educativas, proporcionar estratexias para levar a cabo propostas sobre os problemas ambientais á aula e deseñar actividades sobre algunha problemática ambiental axeitadas para o nivel educativo.

 

O programa formativo deste seminario estival da USC constará de obradoiros prácticos con tarefas nos que os participantes poderán adquirir un rol activo para desenvolver a educación ambiental nas súas aulas e centros educativos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.