Ir o contido principal

Foro sobre coordinación do Catastro co Notariado e o Rexistro da Propiedade na EPS do Campus Terra

Foro sobre coordinación del Catastro con el Notariado y el Registro de la Propiedad en la EPS del Campus Terra
Foro sobre coordinación del Catastro con el Notariado y el Registro de la Propiedad en la EPS del Campus Terra
A coordinación do Catastro co Notariado e o Rexistro da Propiedade segundo a lei 13/2015 e a xeración de ficheiros GML centrou o venres, no salón de actos da Escola Politécnica Superior do Campus...
Lugo

A coordinación do Catastro co Notariado e o Rexistro da Propiedade segundo a lei 13/2015 e a xeración de ficheiros GML centrou o venres, no salón de actos da Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC, unha xornada promovida polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo.

 

A notaria Patricia Posse Paz abriu a quenda de intervencións neste foro, no que tamén interviron a rexistradora da propiedade de Vilalba María Teresa Touriñán Morandeira e o xefe de área de inspección na xerencia territorial de Lugo da dirección xeral do Catastro, Carlos Eduardo Vila Pillado.

 

O enxeñeiro técnico agrícola e profesor da Universidade de Sevilla Antonio Miguel Pérez Romero pechou a quenda de intervencións neste foro cunha exposición sobre a xeración e validación de ficheiros GML, trala que se abriu un debate entre os asistentes.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.