Ir o contido principal

Imposición de bandas e entrega de diplomas de convivencia na residencia universitaria Jesús Bal y Gay

Imposición de bandas y entrega de diplomas de convivencia en la residencia universitaria Jesús Bal y Gay
Imposición de bandas y entrega de diplomas de convivencia en la residencia universitaria Jesús Bal y Gay
A residencia universitaria Jesús Bal y Gay do Campus Terra da USC despediu a promoción de residentes 2014-2016 cun acto académico de imposición de bandas aos estudantes que levan xa tres anos no...
Lugo

A residencia universitaria Jesús Bal y Gay do Campus Terra da USC despediu a promoción de residentes 2014-2016 cun acto académico de imposición de bandas aos estudantes que levan xa tres anos no centro e coa entrega de diplomas de convivencia ás persoas estranxeiras que recalaron durante este curso académico nesta instalación do Servizo Universitario de Residencias (SUR) da USC.

 

A vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva Domínguez, foi a encargada de guiar este emotivo acto, no que tamén interviñeron como relatoras a directora da residencia universitaria Jesús Bal y Gay, Paula Vázquez Rodríguez; a coordinadora do SUR, María Dolores Cadaval, e o subdirector do referido centro universitario, Javier Prieto Pérez, quen se encargou de presentar e de facer a laudatio da persoa que recibe a ‘Beca de Honra’, Manuel Ángel Varela Pérez.

 

Logo de proceder á imposición de bandas e á entrega de diplomas aos estudantes e antes de proceder ao recoñecemento que o centro universitario lugués tributa a Manuel Ángel Varela, a residente María Manteiga Rodríguez, como voceira desta última promoción de residentes, repasou algunhas das vivencias compartidas na residencia universitaria Jesús Bal y Gay do Campus Terra da USC polos universitarios/as desta promoción.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.