Ir o contido principal

Intensa xornada do reitor Antonio López no Campus Terra

Intensa xornada do reitor Antonio López no Campus Terra
Intensa xornada do reitor Antonio López no Campus Terra
O reitor da USC Antonio López visitou este mércores 10 de outubro o Campus Terra de Lugo para presidir a toma de posesión de Tomás Cuesta como director da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría,...
Lugo

O reitor da USC Antonio López visitou este mércores 10 de outubro o Campus Terra de Lugo para presidir a toma de posesión de Tomás Cuesta como director da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, elección que lle permite iniciar o seu segundo mandato á fronte do centro.

 

 

O reitor quixo subliñar na súa intervención as mellores expectativas profesionais e salariais asociadas ás titulacións do ámbito das enxeñarías. O novo equipo de dirección está formado polos profesores Xosé R. Fernández  Vidal, que desenvolverá as funcións de subdirector de Calidade no centro; Rosa Romero Franco, que continúa un segundo mandato á fronte da Subdirección de Prácticas Externas e Orientación Laboral, e Alberte Castro, que tamén se mantén na Subdirección de Organización Académica. Dolores Fernández Rodríguez incorporase ao equipo de dirección do centro en calidade de secretaria académica.

 

Acordo de colaboración co Muralla Rugby Club

 

 

A xornada do reitor en Lugo deu comezo a primeira hora da mañá no vicerreitorado de Coordinación cando asinou un convenio co Muralla Rugby Club, a prol de impulsar a práctica desta disciplina deportiva entre o alumnado universitario da sede luguesa. No acto tamén estivo presente a vicerreitora de Coordinación do campus, Montse Valcárcel.

 

Premios Innovación Saudable Larsa Impulsando Galicia

 

 

Finalmente, o reitor tamén visitou a planta de Larsa en Outeiro de Rei para a entrega dos Premios Innovación Saudable Larsa Impulsando Galicia, convocados pola Corporación Alimentaria Peñasanta (Capsa) a través da súa factoría Leite Larsa en colaboración coa USC. O primeiro premio destes galardóns foi para a proposta presentada polo enxeñeiro agrónomo saído da EPS de Enxeñaría de Lugo Pablo Fraga, que acudiu a esta convocatoria cunha sobremesa láctea de leite con castañas, un novo produto alimentario que pronto estará accesible no mercado.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.