Ir o contido principal

Investigadores do Campus Terra conclúen que Felipe II barallou establecer un criadeiro de cabalos na antiga provincia de Mondoñedo

Investigadores del Campus Terra concluyen que Felipe II barajó establecer un criadeiro de caballos en la antigua provincia de Mondoñedo
Investigadores del Campus Terra concluyen que Felipe II barajó establecer un criadeiro de caballos en la antigua provincia de Mondoñedo
O Centro de Estudos da Historia da Cidade que está a proceder ao baleirado documental do arquivo municipal mindoniense no marco do proxecto ‘Mondoñedo Dixital: cidade histórica e patrimonio’, acaba...
Lugo

O Centro de Estudos da Historia da Cidade que está a proceder ao baleirado documental do arquivo municipal mindoniense no marco do proxecto ‘Mondoñedo Dixital: cidade histórica e patrimonio’, acaba de achar unha real cédula de Felipe II presentada no consistorio polo licenciado Sandomingo, alcalde maior da cidade, con data do 27 de xullo de 1562. Nesta real cédula de Felipe II solicítase información sobre a posibilidade de criar cabalos ou algunha raza deles nos territorios da provincia. As respostas ofrecidas polas autoridades municipais mindonienses ofrecen datos interesantes sobre a morfoloxía dos cabalos autóctonos, unha aproximación ao número de eguas que poden albergar os montes provinciais e unha estimación sobre a calidade dos montes para a súa manutención, ao tempo que se advirte das dificultades e perigos para a súa supervivencia.

 

Máis información no Xornal da USC 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.