Investigadores do Campus Terra da USC apoian a delegación luguesa desprazada a Italia no marco do Life ‘Lugo+Biodinámico’
O vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do Campus de Lugo, Andrés Barreiro, o tamén profesor e director da Plataforma da Madeira Estrutural (Pemade), ademais doutros investigadores da USC, forman parte da delegación luguesa desprazada a Italia no marco do proxecto europeo ‘Lugo+Biodinámico’. Este programa Life, liderado polo Concello de Lugo, que encabeza unha candidatura da que tamén forman parte a Deputación Provincial, a USC, especialmente a través de centros docentes e plataformas de investigación radicadas no Campus Terra, e a Universidade Politécnica de Madrid, conta con fondos por un importe de 3,5 millóns de euros para desenvolver novas actuacións en favor dun urbanismo sostible e dun mellor aproveitamento da riqueza forestal, a nivel económico e ambiental.