Investigadores do Campus Terra da USC identifican en corzos un parasito até a data só descrito en cervos e gamos
O grupo de investigación en Sanidade Animal Galicia (INVESAGA), con sede na Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC, identificou en corzos, larvas dun parasito que até a data só se observou...
Lugo
O grupo de investigación en Sanidade Animal Galicia (INVESAGA), con sede na Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC, identificou en corzos, larvas dun parasito que até a data só se observou en cervos e ocasionalmente en gamos. Este achado é o resultado dunha investigación realizada a iniciativa da Asociación do Corzo Español (ACE) no marco do convenio de colaboración que mantén esta entidade coa USC para o seguimento sanitario dos corzos españois, segundo indicou Patrocinio Morrondo, catedrática da área de Sanidade Animal da USC e integrante do equipo INVESAGA (Grupo de Referencia Competitiva da Xunta de Galicia, coordinado por Pablo Díez Baños, catedrático de Sanidade Animal da USC).