Ir o contido principal

Juan Viaño, reitor da USC: "O Campus Terra xa non é un documento estratéxico, senón un campus especializado"

Juan Viaño, rector de la USC: "El Campus Terra ya no es un documento estratégico, sino un campus especializado"
Juan Viaño, rector de la USC: "El Campus Terra ya no es un documento estratégico, sino un campus especializado"
O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Manuel Viaño Rey, presidiu este luns o acto académico de San Tomé de Aquino, patrón da Universidade, na Escola Politécnica Superior de...
Lugo

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Manuel Viaño Rey, presidiu este luns o acto académico de San Tomé de Aquino, patrón da Universidade, na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra, onde, a xeito de balance do seu mandato, salientou a estabilidade financeira acadada nas arcas universitarias nos últimos anos como base e garantía para poder comezar a construír “a universidade do século XXI que todos esperamos”.

 

No transcurso do acto, Viaño destacou “Oportunidades coma o Campus Terra, que xa non é un documento estratéxico, senón un campus especializado que permite centrar os nosos esforzos na mellor formación e na mellor investigación. O seu desenvolvemento debe consolidar un campus de referencia en Europa, no seu ámbito, cunha oferta moderna, internacional e apoiada nas novas tecnoloxías”.

 

A nova oferta de titulacións do Campus Terra permitirá reemprazar no curso 2019-20 tres dos graos impartidos e que teñen pouca demanda por outros de temáticas actuais e atractivas como o son Emprendemento, Xestión do Patrimonio e industrias Culturais e Robótica, ás que se sumará o grao en Bioquímica no curso 2020-21. Este proceso de renovación, que fará do Campus Terra un campus dinámico e pioneiro en investigación e transferencia, abrangue tamén a especialización en mestrado, con títulos que reforzan a especialización en Xenómica e Nutrición.

 

O catedrático do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC e profesor na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría Manuel Guaita Fernández, ofreceu a lección maxistral do acto académico de San Tomé. Na súa intervención, que se desenvolveu baixo o título ‘Reflexións sobre o futuro da construción sostible con madeira’, o profesor Guaita achegou unha mostra real da  investigación e transferencia de coñecemento que se realiza desde a EPSE, un centro que está a celebrar o seu 50 aniversario e que se atopa á vangarda da enxeñaría e da posta en valor dun recurso tan prezado como a madeira.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.