Ir o contido principal

Lara Quiñoá e Begoña Simón, alumnas da Facultade de ADE, gañan unha mención no Talent Macht de Smart People de Hotusa

Lara Quiñoá y Begoña Simón, alumnas de la Facultad de ADE, ganan una mención en el Talent Macht de Smart People de Hotusa
Lara Quiñoá y Begoña Simón, alumnas de la Facultad de ADE, ganan una mención en el Talent Macht de Smart People de Hotusa
As estudantes da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus Terra da USC Lara María Quiñoá Piñeiro e Begoña Simón Valladares veñen de acadar o segundo premio na última edición do...
Lugo

As estudantes da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus Terra da USC Lara María Quiñoá Piñeiro e Begoña Simón Valladares veñen de acadar o segundo premio na última edición do Talent Macht de Smart People, un certame de ideas empresariais innovadoras no sector travel promovido polo Grupo Hotusa, coa proposta 20’urban, un proxecto de hotel xuvenil, social e urbano orientado especialmente a público de idades comprendidas entre 20 e 35 anos, pero aberto a toda a poboación.

 

20’urban by Eurostars constitúe unha proposta hoteleira diferente, dirixida a mozos e mozas de entre 20 e 35 anos cun  mínimo poder adquisitivo e que buscan unha oferta de turismo social, flexible e urbano caer nos establecementos low cost, pero tampouco sen pagar os prezos elevados dos hoteis de catro ou cinco estrelas. A proposta está moi traballada e resulta un concepto de hotel diferente, no que se ofrece posibilidades de encontro e interacción con outras persoas, posibilidade de reducir costes prescindindo de servizos e estancias de aloxamento acaídas para turismo en grupo (4-6 persoas). As liñas de comercialización desta proposta hoteleira, canalizadas na súa maioría a través das redes sociais, é outra das fortalezas apreciadas na proposta desenvolvida por Lara María Quiñoá e Begoña Simón Valladares, segundo explicou a súa titora, a profesora María Gómez Barreiro.

 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.