Ir o contido principal

Lugo Cultural duplicou o pasado ano o seu número de espectadores

Lugo Cultural duplicó el pasado año su número de espectadores
Lugo Cultural duplicó el pasado año su número de espectadores
A cifra de asistentes ás actividades de Lugo Cultural pasou dos 2.500 espectadores de 2015 aos 5.144 do último ano, un dato que ofreceron este xoves en rolda de prensa os representante das entidades...
Lugo

A cifra de asistentes ás actividades de Lugo Cultural pasou dos 2.500 espectadores de 2015 aos 5.144 do último ano, un dato que ofreceron este xoves en rolda de prensa os representante das entidades que conforman este convenio. A vicerreitora de Servizos Universitarios, Carme Silva; a concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Carmen Basadre; e o deputado de Turismo da Deputación de Lugo, Eduardo Vidal Baamonde, fixeron balance da última edición dun programa que ten xa 23 anos de historia na capital luguesa. Con el trátase de fomentar a participación da comunidade universitaria na vida da cidade e buscar espazos alternativos para potenciar o seu uso cultural, como por exemplo o desenvolvemento de Entre Lusco e Fusco no anfiteatro do Parque Rosalía de Castro ou os concertos a pé de pedra na Praza de Santa María.

 

Máis información no Xornal da USC 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.