Lugo Cultural impulsa encontros entre alumnado preuniversitario e destacados artistas da cultura galega
A Área de Cultura da USC no Campus Terra organiza ao abeiro do convenio Lugo Cultural, do que forman parte, ademais da Universidade, Deputación e Concello de Lugo, unha serie de encontros que permitirá achegar a destacados artistas do panorama cultural galego a alumnado preuniversitario coa intención de que os mozos e mozas podan preguntarlles as súas inquedanzas.
Listado de Encontros:
1. 25 de febreiro 12:00h: Andrea Vilar e Maite Arziniega Concerto didáctico de LIED
2. 28 de febreiro 12:00h: Encontro coa compositora e cantante galega UXIA SENLLE
3. 14 de marzo 12:00h: Encontro con CINTA ADHESIVA
4. 15 de marzo 12:00h: Encontro con Juan Carlos Zahera
5. 27 de marzo: Encontros no Día Internacional de Teatro coa Compañía de Teatro USC-Lugo
6. 28 de marzo 12:30h: Obra Compañía de Teatro da USC-Lugo, asistencia e coloquio posterior
7. 1 de abril 10:30h: Obra Compañía de Teatro da USC-Lugo, asistencia e coloquio posterior
8. 5 de abril 11:00 / 12:30h: Noite na Domus con Germán Díaz e Celso Rodríguez
9. 25 de abril 12:00h: Encontro con MJ Perez
10. FINDECURTA: PROXECCION CURTAS E ENCONTRO CO COORDINADOR BRUNO MAEZ
11. Maio: Encontro coa música experimental
12. 8 de maio 13:00h: Encontro con GONZALO GUERREIRO
13. 23 de maio 12:00h: SON DO GALPON, rap galego
14. 24 de maio: Anatomía dunha serea, charla teatralizada con Iria Pinheiro
Os e as interesadas en participar só teñen que cubrir esta ficha e mandala a cultura.lugo [at] usc.es (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]es). As prazas para cada encontro concederanse por orde de chegada.