Ir o contido principal

MJ Pérez presenta o seu novo disco ‘Casandra’ o venres 23 ás 22.30h no Campus Terra da USC

MJ Pérez presenta su nuevo disco ‘Casandra’ el viernes 23 a las 22.30h en el Campus Terra de la USC
MJ Pérez presenta su nuevo disco ‘Casandra’ el viernes 23 a las 22.30h en el Campus Terra de la USC
A cantautora arzuá MJ Pérez chega ao Campus Terra da USC para presentar o seu terceiro disco ‘Casandra’ dentro do ciclo Lubicán Íntimo, impulsado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, asinado por USC,...
Lugo

A cantautora arzuá MJ Pérez chega ao Campus Terra da USC para presentar o seu terceiro disco ‘Casandra’ dentro do ciclo Lubicán Íntimo, impulsado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, asinado por USC, Concello e Deputación de Lugo. A Casa do Saber acollerá esta actuación o venres 23, a partir das 22.30h. MJ continúa así cunha intensa xira por todo o territorio galego que comezou xa no mes de outubro do pasado ano.

 

MJ Pérez acumula tres discos autoproducidos, sendo este terceiro disco ‘Casandra’ o seu primeiro traballo de estudio, no que conta coa colaboración da súa banda e outras colaboracións especiais como son Paco Cerdeira, Richi Casás, Ailén ou o zanfonista de Vilalba Martiño Cabarcos.

 

A artista supera ano tras ano novas metas na súa traxectoria. En 2016, acadou un segundo posto no VIII Concurso Musical da Deputación da Coruña; en 2017 gañou o Xuventude Crea; xa en 2018 foi semifinalista dos Premios MIN da Música Independiente e finalista dos Premios aRitmar Galiza e Portugal.

 

MJ Pérez chega a Lugo para presentar este novo disco dentro do ciclo Lubicán, acompañada de Ailén Kendelman ao violín e percusións.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.