‘Músicas a carón da Mosqueira’ regresa o luns 11 de marzo ás 20.00h na Casa do Saber coa actuación do ‘Quinteto O'Globo’
O Quinteto O'Globo, integrado por Gala Kossakowski (frauta), Inmaculada Veses (oboe), Natacha Correa (clarinete), Andrea Pérez (fagot) e Jessica Rueda (trompa), actúan este luns 11 de marzo, ás 20.00h, na Casa do Saber, no marco do ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’, impulsado ao abeiro do convenio Lugo Cultural do que forman parte USC, Concello e Deputación de Lugo.
Nacido na ‘Escuela Superior de Música Reina Sofía’ no ano 2015, as integrantes deste quinteto formáronse tanto nos distintos departamentos de instrumento deste centro, como no ‘Instituto Internacional de Música de Cámara de Madrid’, cos profesores Hansjorg Schellenberger, Radovan Vlatković, Klaus Thunemann e Gustavo Núñez.
A entrada ao concerto é libre e de balde ata completar aforo.