Ir o contido principal

'Noites na Domus' e o 'Lubicán Íntimo' centran a programación cultural do xoves 4 e do venres 5 de abril en Lugo

'Noites na Domus' e o 'Lubicán Íntimo' centran a programación cultural do xoves 4 e do venres 5 de abril en Lugo
'Noites na Domus' e o 'Lubicán Íntimo' centran a programación cultural do xoves 4 e do venres 5 de abril en Lugo
‘Noites na Domus’, iniciativa complementaria do ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’ e que ofrece visitas guiadas con acompañamento musical ao xacemento da Domus do Mitreo, comeza este venres 5 de...
Lugo

‘Noites na Domus’, iniciativa complementaria do ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’ e que ofrece visitas guiadas con acompañamento musical ao xacemento da Domus do Mitreo, comeza este venres 5 de abril coa colaboración do arqueólogo Celso R. Cao, quen será o responsable de conducir as dúas quendas de visita programadas para esa xornada.

 

A primeira visita será ás 20.30 horas, e a segunda, unha hora máis tarde, na que o público participante poderá gozar coa música de Germán Díaz. As persoas interesadas en participar nesta primeira sesión do programa ‘Noite na Domus’ poderán retirar as entradas este xoves, de 9.00 a 14.00 horas, nas oficinas de Cultura da Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo.

 

Por outra banda, a viguesa Paula Herrero, coñecida no panorama artísica como High Paw, presentará este xoves, ás 21.00h, no auditorio da Casa do Saber de Lugo a súa música reggae, no marco dunha actuación na que estará acompañada por Nahno Selekath e Laura Mercy e que se encadra no ‘Lubicán íntimo’, un ciclo complementario do Lubicán, promovido, ao igual que ‘Musicas a carón da mosqueira’, ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento de USC, Concello e Deputación Provincial de Lugo.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.