Ir o contido principal

O auditorio da Facultade de Veterinaria acollerá o 29 de marzo ás 20.00h a entrega do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural

O auditorio da Facultade de Veterinaria acollerá o 29 de marzo ás 20.00h a entrega do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural
O auditorio da Facultade de Veterinaria acollerá o 29 de marzo ás 20.00h a entrega do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural
A USC e o grupo empresarial Aresa, co gallo da celebración do Día da Muller o vindeiro 8 de marzo, acordan mudar a data da cerimonia de entrega do XIX Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un acto...
Lugo

A USC e o grupo empresarial Aresa, co gallo da celebración do Día da Muller o vindeiro 8 de marzo, acordan mudar a data da cerimonia de entrega do XIX Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un acto público que se desenvolverá o día 29 de marzoás 20.00 horas, na Facultade de Veterinaria de Lugo.

 

O xurado do XIX Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un certame promovido de xeito continuado desde o ano 2000 polo grupo empresarial Aresa en colaboración coa USC, acordou, a comezos de xaneiro, distinguir con este galardón, dotado con 10.000 euros, o Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) pola achega para facer da “agricultura ecolóxica un dos principais motores de desenvolvemento rural tanto en Galicia, pero tamén no conxunto de Europa”, en palabras do ex director Xeral de Agricultura da UE, José Manuel Silva Rodríguez.

 

O reitor da USC, Antonio López, recalcou asemade que a candidatura gañadora do XIX Premio Aresa de Desenvolvemento Rural contribúe á mellora do benestar das persoas que viven e traballan no medio rural, ao tempo que axuda a poñer en valor unha forma de vida ligada a un sector primario que é moi importante tanto na provincia de Lugo como no conxunto de Galicia.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.