Ir o contido principal

O Campus Terra abre a inscrición no encontro 'A Xestión Cultural a debate' ata o 22 de xaneiro

O Campus Terra abre a inscrición no encontro 'A Xestión Cultural a debate' ata o 22 de xaneiro
O Campus Terra abre a inscrición no encontro 'A Xestión Cultural a debate' ata o 22 de xaneiro
O Adxunto á Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo para Estudantes, Internacionalización, Cultura e Servizos, Jesús Varela Zapata; a decana da Facultade de Humanidades, María Isabel González...
Lugo

O Adxunto á Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo para Estudantes, Internacionalización, Cultura e Servizos, Jesús Varela Zapata; a decana da Facultade de Humanidades, María Isabel González Rey; e o vicedecano e coordinador da actividade, Gonzalo Francisco Fernández Suárez, presentaron este mércores na sala de prensa do edificio de Vicerreitorías o encontro 'A Xestión Cultural a debate', cuxo prazo de inscrición pode formalizarse ata o 22 de xaneiro premendo nesta ligazón.

Destinado a alumnado, PDI e PAS da USC, profesionais do eido da cultura e público en xeral, este encontro celebrarase na Facultade de Humanidades os días 30 e 31 de xaneiro, así como o 1 de febreiro de 2019. Froito dos contactos que a Facultade de Humanidades do Campus Terra estableceu con outros centros de ensino que imparten titulacións de grao no  ámbito da Xestión e Comunicación Cultural xorde agora o encontro 'A xestión cultural a debate', no que xunto ás Universidades de Córdoba, Huelva e Girona, afondarase en diversos aspectos relacionados coas titulacións dese eido: as súas relacións cos ámbitos humanísticos clásicos, as novas necesidades formativas dos seus docentes, os seus espazos propios de investigación, as características específicas dos seus Traballos Fin de Grao, os procesos de fomento da empregabilidade dos egresados, etc. O encontro complétase cun monográfico en deseño e organización de eventos. 

 

Consulta o programa completo do encontro. 

 

 

 

 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.