Ir o contido principal

O Campus Terra avoga polo emprendemento da man de EITFood

O Campus Terra avoga polo emprendemento da man de EITFood
O Campus Terra avoga polo emprendemento da man de EITFood
O edificio Cactus do Campus Terra acolleu o venres 14 de decembro a xornada EIT Food Games dirixida a estudantes e doutorandos de calquera especialidade a fin de que obtivesen información no tocante...
Lugo
O edificio Cactus do Campus Terra acolleu o venres 14 de decembro a xornada EIT Food Games dirixida a estudantes e doutorandos de calquera especialidade a fin de que obtivesen información no tocante a bolsas, programas de mobilidade e á adquisición de recursos para start ups que puidesen serlles de utilidade no seu futuro profesional.
 
 
Arredor de corenta participantes, tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man a experiencia de persoas que xa lanzaron iniciativas emprendedoras de base tecnolóxica xurdidas no Campus Terra da man de representantes e impulsores de dúas realidades empresariais como o son TasteLab e InnolactResponsables da firma Angulas Aguinaga, orientada a achegar solucións a problemas actuais da industria agroalimentaria, tamén se ocuparon de conducir un workshop no marco deste programa e durante o que se propuxo aos participantes retos da industria alimentaria que requiren solucións innovadoras. Os integrantes do equipo que achegou as propostas máis solventes aos problemas expostos obtiveron un recoñecemento á súa capacidade innovadora na clausura do evento.
 
 
EIT Food é a Comunidade Europea de Coñecemento e Innovación, parte do EIT, creada para transformar o noso ecosistema alimentario. Ao conectar aos consumidores con empresas, start ups, investigadores e estudantes de toda Europa, EIT Food apoia iniciativas innovadoras e economicamente sustentables que melloran a nosa saúde, o noso acceso a alimentos de calidade e ao noso medio ambiente.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.