Ir o contido principal

O Campus Terra clausurou a V edición de XuvenCiencia coa entrega dos premios Aresa Junior e Proxéctate en Galego

El Campus Terra clausuró la V edición de XuvenCiencia con la entrega de los premios Aresa Junior y Proxéctate en Galego
El Campus Terra clausuró la V edición de XuvenCiencia con la entrega de los premios Aresa Junior y Proxéctate en Galego
A clausura da V edición do Campus de Verán XuvenCiencia celebrouse este venres no Auditorio da Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC coa entrega de diplomas aos 135 mozos e mozas...
Lugo

A clausura da V edición do Campus de Verán XuvenCiencia celebrouse este venres no Auditorio da Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC coa entrega de diplomas aos 135 mozos e mozas participantes, así como coa entrega dos premios Aresa Junior e Proxéctate en Galego.

 

O vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Andrés Barreiro Lois; a coordinadora de XuvenCiencia, Mercedes Novo; o coordinador do programa A Ponte entre a Ensino Medio e a USC no Campus Terra, Javier López; o director xeral de Aresa, José Antonio Chorén; e o responsable do servizo de Normalización Lingüística da USC no Campus Terra, Xusto Rodríguez, en representación de Proxéctate en Galego, presidiron o acto de entrega de diplomas do campus.

 

Xusto a continuación, realizouse a entrega dos premios Aresa Junior, o cal persegue promover o interese dos rapaces/as pola ciencia e a tecnoloxía, así como premiar as habilidades creativas, artísticas e de comunicación; e Proxéctate en Galego, o cal procura promover o uso do galego como lingua de traballo e comunicación e galardoar a capacidade de transmitir información de forma novidosa, creativa e adecuada desde o punto de vista lingüístico.

 

O equipo ‘Análise das proteínas do leite’, integrado por Ana Marina González, Guillermo Huelin, Antonio López, Noa Pena e Noemí Romero, foi gardoado co premio Aresa. Pola súa parte, o equipo ‘Análises Clínicas. Que me pasa doutor?’, integrado por Carla Batlle, Elena Brezmes, María Guerra, Beatriz Ordóñez e Rebeca Pena, gañou o premio Proxéctate en galego.

 

O xurado estivo integrado pola secretaria Académica, de Infraestruturas e Asuntos Económicos da EPS, Montserrat Valcárcel Armesto; un representante da Fundación TIC, así como o director xeral de Aresa e o representante de Proxéctate en Galego, os cales analizaron todos os vídeos presentados polo alumnado e que versaron sobre os proxectos científico-técnicos nos que participaron durante toda a semana.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.