Ir o contido principal

O Campus Terra da USC acolle un curso de verán sobre plantas medicinais

El Campus Terra de la USC acoge un curso de verano sobre plantas medicinales
El Campus Terra de la USC acoge un curso de verano sobre plantas medicinales
No marco da Universidade de Verán da Universidade de Santiago de Compostela, o Campus Terra acolle entre os días 26 e 29 de xullo o curso titulado “As plantas medicinais no desenvolvemento sostible...
Lugo

No marco da Universidade de Verán da Universidade de Santiago de Compostela, o Campus Terra acolle entre os días 26 e 29 de xullo o curso titulado “As plantas medicinais no desenvolvemento sostible das reservas da biosfera Terras do Miño e Os Ancares lucenses e montes de Cervantes, Navia e Becerreá”. Baixo a dirección de Antonio Rigueiro Rodríguez e Rosa Romero Franco, este curso celebrarase no Instituto Universitario de Investigación de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) e na Estación Científica do Courel.

 

Consulta o programa completo do curso. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.