Ir o contido principal

O Campus Terra da USC analiza o uso de drons e satélites no ámbito agrogandeiro

El Campus Terra de la USC analiza el uso de drones y satélites en el ámbito agroganadero
El Campus Terra de la USC analiza el uso de drones y satélites en el ámbito agroganadero
O salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC acolleu este mércores o acto inaugural do “III Simposio Nacional e I Ibérico de Enxeñaría Hortícola”, organizado...
Lugo

O salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC acolleu este mércores o acto inaugural do “III Simposio Nacional e I Ibérico de Enxeñaría Hortícola”, organizado polo Departamento de Enxeñaría Agroforestal da EPSE, en colaboración coa Sociedade Española de Ciencias Hortícolas (SECH), e que se estenderá ata o venres 23 para abordar o uso de drons e satélites en agricultura.

 

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo Javier Bueno foi o encargado de presidir un acto no que tamén interviron a alcaldesa de Lugo Lara Méndez, o deputado provincial Álvaro Santos, a directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería de Medio Rural Belén M. Do Campo Piñeiro, a directora da Axencia Galega de Innovación Patricia Argerey, o subdirector de Sistemas Aeronáuticos do INTA Bartolomé Marqués, e o secretario da Sociedade Española de Ciencias Hortícolas Javier Jesús Hidalgo.

 

O evento acubilla na EPSE, ao longo de tres xornadas, distintos relatorios nos que especialistas na materia, abordarán, ante un centenar de participantes, os aspectos innovadores do uso de drons e satélites, tanto na agricultura, como na gandaría. Na primeira das xornadas, realizouse unha presentación dos avances levados a cabo polo ‘Polo de Innovación Dixital no Sector Agroalimentario’, por parte do xestor de Innovación e Transferencia do Campus Terra, José Roberto Lamas Pérez, e Marcos Pérez, en representación do Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant).

 

Na segunda xornada, ademais de novos relatorios, celebráronse obradoiros técnicos, impartidos por persoal especializado de empresas privadas e investigadores que facilitaron o achegamento dos asistentes aos produtos que actualmente se atopan no mercado noutras zonas fóra de Galicia.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.