Ir o contido principal

O Campus Terra da USC celebra o martes 27 de febreiro na Facultade de Humanidades un obradoiro de Crowdfunding

El Campus Terra de la USC celebra el martes 27 de febrero en la Facultad de Humanidades un taller de Crowdfunding
El Campus Terra de la USC celebra el martes 27 de febrero en la Facultad de Humanidades un taller de Crowdfunding
O salón de graos da Facultade de Humanidades do Campus Terra da USC acolle o vindeiro martes 27 de febreiro, a partir das 17.00h, un obradoiro de Crowdfunding dirixido a estudantes e titulados de...
Lugo

O salón de graos da Facultade de Humanidades do Campus Terra da USC acolle o vindeiro martes 27 de febreiro, a partir das 17.00h, un obradoiro de Crowdfunding dirixido a estudantes e titulados de grao e mestrado do propio centro así como de Formación do Profesorado e Administración e Dirección de Empresas.

 

O obxectivo deste obradoiro que será inaugurado pola vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva; é o de introducir de xeito teórico e práctico a metodoloxía da economía colaborativa de micromecenado, exemplificándoa con experiencias en financiamento de espazos patrimoniais.

 

A Fundación Uxío Novoneyra abrirá a quenda de intervencións, seguida do coordinador de ITHCrowdfunding, Iván L. Gimeno, quen realizará unha aproximación á metodoloxía crowdfunding e falará de boas prácticas en proxectos de Patrimonio. A experiencia da Asociación Cultural Xermolos pechará a parte teórica do obradoiro para abrir, entre as 19.00 e as 20.30h, a parte práctica do taller.

 

Este obradoiro, cuxa inscrición pode realizarse de balde a través do enderezo electrónico emprego.lugo [at] usc.es (emprego[dot]lugo[at]usc[dot]es) indicando nome completo, DNI, así como os estudos e a ocupación actual; enmárcase no Ano Europeo do Patrimonio e está organizado pola Vicerreitoría de Servizos Universitarios do campus de Lugo, a Área de Orientación e Inserción Laboral da USC no Campus Terra, a Fundación Uxío Novoneyra e a Deputación de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.