O Campus Terra da USC forma asesores de explotacións agrarias
O edificio Cactus do Campus Terra da USC acolleu este venres o curso de formación para asesores de explotacións agrarias, asesoramento de grupos e equipos, un módulo optativo para a obtención do...
Lugo
O edificio Cactus do Campus Terra da USC acolleu este venres o curso de formación para asesores de explotacións agrarias, asesoramento de grupos e equipos, un módulo optativo para a obtención do certificado europeo CECRA. O curso está dirixido a profesionais do asesoramento rural, tanto particulares, como de entidades de asesoramento ou da administración.
O obxectivo final do curso consiste en actualizar e mellorar os coñecementos e capacidades a través de formación periódica e continua, tanto metodolóxica como técnica, a fin de mellorar a calidade e a eficacia do asesoramento a través da cualificación e formación periódica dos asesores.