O Campus Terra da USC forma veterinarios e biólogos cun curso de diagnose clínica e patolóxica en anfibios, peixes e réptiles
Un curso en diagnose clínica e patolóxica en anfibios, peixes e réptiles, unha actividade de formación complementaria específica organizada polo Grupo de Anatomía Patolóxica da USC e impartida, entre...
Lugo
Un curso en diagnose clínica e patolóxica en anfibios, peixes e réptiles, unha actividade de formación complementaria específica organizada polo Grupo de Anatomía Patolóxica da USC e impartida, entre outros relatores, polas recoñecidas patólogas canadenses María Forzán e Shannon Martinsos, profesoras e investigadoras do Atlantic Veterinary College da Universidade da illa do Príncipe Eduardo, cita esta semana preto de 20 asistentes na Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC. A maioría das persoas inscritas neste programa son veterinarios e biólogos procedentes de Cataluña, Valencia, Madrid e Galicia.