Ir o contido principal

O Campus Terra da USC oferta no curso 2018/2019 o Máster Universitario en Xenómica e Xenética

El Campus Terra de la USC oferta en el curso 2018/2019 el Máster Universitario en Genómica y Genética
El Campus Terra de la USC oferta en el curso 2018/2019 el Máster Universitario en Genómica y Genética
O Campus Terra da USC, conxuntamente coa Universidade de Vigo, ofertará no próximo curso académico o Máster Universitario en Xenómica e Xenética, cuxo obxectivo primordial consiste en satisfacer a...
Lugo

O Campus Terra da USC, conxuntamente coa Universidade de Vigo, ofertará no próximo curso académico o Máster Universitario en Xenómica e Xenética, cuxo obxectivo primordial consiste en satisfacer a demanda de profesionais para un sector de importancia crecente na nosa sociedade xa que achega coñecemento para o desenvolvemento de novos produtos biotecnolóxicos, novos fármacos, a mellora da saúde humana e animal, a conservación e o manexo de plantas e animais, o control de parasitos e microorganismos, así como a comprensión dos fenómenos evolutivos do pasado e do presente de todos os organismos vivos.

 

Este máster profunda nos aspectos máis actuais da xenética e a xenómica e capacita ao estudantado para afrontar os retos actuais destas disciplinas científicas para seguir unha carreira académica e investigadora, proporcionando a formación necesaria parta ter acceso a estudos de doutoramento. Porén, o máster tamén capacita para o exercicio profesional no sector industrial e produtivo tanto en centros de I+D como en empresas públicas e/ou privadas nas cales se utilicen metodoloxías xenéticas, xenómicas e disciplinas asociadas.

 

Esta titulación poderá cursarse tanto en modalidade presencial como semipresencial. Ademais do módulo básico, o máster atópase conformado por tres posibles especialidades: ‘Diversidade Xenética’, ‘Aplicacións Xenéticas’ e ‘Xenética Humana’. A todo isto é preciso sumar as prácticas externas e o Traballo Fin de Máster.

 

As clases impartiranse simultaneamente na Facultade de Veterinaria do Campus Terra (Lugo), a Facultade de Bioloxía do Campus Vida (Santiago) e a Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo. Nos centros onde o persoal docente encargado da materia non se atope fisicamente, as sesións seguiranse por videoconferencia. O profesorado involucrado na impartición do máster forma parte de grupos de investigación punteiros tanto de universidades como centros de investigación, con gran prestixio nacional e internacional. Desta maneira, os estudantes coñecerán de primeira man as técnicas e metodoloxías máis actuais e innovadoras no ámbito da Xenómica e a Xenética.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.