O Campus Terra da USC organiza obradoiros abertos e sesións de divulgación co gallo do Día Internacional da Impresión 3D
A Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC celebrará o xoves 1 de decembro diversos obradoiros prácticos e sesión divulgativas co gallo do Día Internacional da Impresión 3D. As actividades...
Lugo
A Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC celebrará o xoves 1 de decembro diversos obradoiros prácticos e sesión divulgativas co gallo do Día Internacional da Impresión 3D. As actividades organizadas no centro universitario lugués co gallo desta efeméride prolongaranse en quenda de mañá e tarde, de 11.00 a 20.00 horas, e son de acceso libre e de balde para os membros da comunidade universitaria e tamén para todo o público interesado.