Ir o contido principal

O Campus Terra da USC organiza unha xornada de orientación laboral para os estudantes de primeiro curso da EPSE

El Campus Terra de la USC organiza una jornada de orientación laboral para los estudiantes de primer curso de la EPSE
El Campus Terra de la USC organiza una jornada de orientación laboral para los estudiantes de primer curso de la EPSE
A responsable da área de Orientación e Inserción Laboral da USC no Campus Terra, Gloria Cruz, impartirá unha sesión de orientación laboral o vindeiro 31 de outubro, no salón de actos da Escola...
Lugo

A responsable da área de Orientación e Inserción Laboral da USC no Campus Terra, Gloria Cruz, impartirá unha sesión de orientación laboral o vindeiro 31 de outubro, no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, destinada aos alumnos e alumnas de primeiro curso deste centro universitario lugués.

 

No transcurso da xornada, que terá lugar entre as 12.00 e as 14.00 horas, os e as asistentes recibirán o que Gloria Cruz define como “orientación de base”, é dicir, “concienciar ao alumnado de que o camiño para a inserción laboral comeza dende o primeiro día que pisan o campus”. Neste senso, a xornada centrarase en expoñer todas aquelas competencias transversais que poden adquirir durante a súa estadía no Campus Terra e que resultan altamente positivas á hora de enriquecer o seu currículo, tales como coñecementos informáticos, prácticas ou idiomas.

 

Ademais, durante a sesión tentarase que os e as asistentes sexan capaces de visualizar o seu futuro xa que, tal e como sinalou a responsable de Orientación Laboral no Campus Terra “dependendo de a que queiran dedicarse no futuro, deben entender que non sempre chega con obter un aprobado”. A entrada a esta xornada organizada polo Campus Terra da USC é aberta e de balde.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.