O catedrático da USC no Campus Terra Eugenio Otero Urtaza participa en Italia no foro ‘Miradas cruzadas sobre o patrimonio histórico educativo’
O catedrático de Teoría e Historia da Educación da USC e profesor na Facultade de Formación do Profesorado do Campus Terra da USC, Eugenio Otero Urtaza, participa este mércores como relator na...
Lugo
O catedrático de Teoría e Historia da Educación da USC e profesor na Facultade de Formación do Profesorado do Campus Terra da USC, Eugenio Otero Urtaza, participa este mércores como relator na Universidade de Molise, en Campobasso (Italia) no marco do encontro internacional ‘Miradas cruzadas sobre el patrimonio histórico educativo’.
Otero Urtaza, que é o único investigador español que participa neste foro científico, ao que foi convidado polo equipo organizador, ofrecerá na universidade italiana de Molise un relatorio que se desenvolve baixo o título ‘As relacións transnacionais na creación do Museo Pedagóxico de Madrid (1879-1889).