O catedrático da USC no Campus Terra, Manuel Guaita, abriu este xoves as IV xornadas de rehabilitación MásMadera
O director da Plataforma da Enxeñería da Madeira Estrutural e catedrático no Campus Terra da USC, Manuel Guaita, participou este xoves nas IV xornadas de rehabilitación Masmadera que organiza o...
Lugo
O director da Plataforma da Enxeñería da Madeira Estrutural e catedrático no Campus Terra da USC, Manuel Guaita, participou este xoves nas IV xornadas de rehabilitación Masmadera que organiza o Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia. Baixo o título “Reflexións sobre a asignación da clase resistente á madeira en rehabilitación”, Guaita pronunciou o primeiro dos relatorios que se estenderán entre o 1 e o 2 de decembro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
Preme nesta ligazón e consulta o programa completo das xornadas.