Ir o contido principal

O centro Yuzz Lugo inaugura a súa primeira edición ao abeiro do programa Santander Yuzz 'Mozos con ideas'

El centro Yuzz Lugo inaugura su primera edición al amparo del programa Santander Yuzz 'Jóvenes con ideas'
El centro Yuzz Lugo inaugura su primera edición al amparo del programa Santander Yuzz 'Jóvenes con ideas'
O centro Yuzz Lugo inaugurou este martes na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus Terra a primeira edición na que participa no programa Santander Yuzz ‘Mozos con ideas’, unha...
Lugo

O centro Yuzz Lugo inaugurou este martes na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus Terra a primeira edición na que participa no programa Santander Yuzz ‘Mozos con ideas’, unha iniciativa que xa vai pola súa oitava edición, no marco dun acto presidido polo reitor da USC, Juan Viaño Rey, que tamén serviu para inaugurar a Aula Yuzz da Facultade de ADE.

 

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca Carús; Javier Caldeiro Pérez, director da oficina do Banco Santander no campus de Lugo, e Manuel Redondo García, director de Gestión en CISE, tamén interviñeron nesta sesión inaugural do centro Yuzz Lugo, unha cidade que por vez primeira se converte este ano en sede dun pograma orientado á promoción do talento e de ideas innovadoras entre mozos e mozas de 18 a 31 anos. A decana da Facultade de Administración de Empresas do Campus Terra da USC, Begoña Barreiro; a coordinadora do centro Yuzz Lugo, Patricia González Alonso, e a promotora de Legalmit María José Seara Losada, que actuou en representación dos participantes da primeira edición do programa Yuzz en Lugo, completan a quenda de intervencións.

 

O programa Santander Yuzz 'Mozos con ideas' é unha iniciativa orientada á participación de persoas de entre 18 e 31 anos e que impulsa o talento e a xeración de ideas innovadoras entre a mocidade. Este proxecto, que xa vai pola súa oitava edición, aínda que no caso de Lugo comeza este ano a súa primeira andaina, está promovido polo Banco Santander a través do Santander Universidades e baixo a coordinación do Centro Internacional Santander Emprendemento (CISE). Trátase dun programa que conta co apoio local da Universidade de Santiago de Compostela nos seus campus de Santiago e de Lugo, así como da Xunta de Galicia. Da magnitude desta iniciativa dá conta a creación de 500 empresas ou a incorporación de preto de mil emprendedores con mil proxectos en toda España.

 

A través de 20 proxectos, as 35 persoas seleccionadas no centro Yuzz Lugo benefícianse do acceso a un espazo coworking de alto rendemento na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus Terra, onde contan con espazo físico para desenvolver a súa idea e relacionarse con outros emprendedores, ademais de recibir formación en innovación e modelos de negocio por unha rede de máis de 200 expertos profesionais. Durante esta estadía reciben asesoramento personalizado para o desenvolvemento do seu proxecto. Para a selección de participantes realizáronse entrevistas persoais tras unha preselección baseada na valoración de aspectos como o perfil emprendedor, a traxectoria persoal, a súa capacidade para comunicar a idea proposta, o compoñente innovador do proxecto, a súa creatividade e o potencial de crecemento do negocio.

 

Unha vez finalizado o proceso de formación e apoio, o mellor proxecto emprendedor do centro Yuzz Lugo, realizará unha viaxe a Silicon Valley, o referente internacional más importante en innovación e emprendemento, onde se lle brindará acceso a foros de financiamento, asesoramento en internacionalización e contacto con inversores. Ademais, os tres mellores proxectos nacionais recibirán 30.000, 20.000 e 10.000 euros para acelerar o desenvolvemento do seu negocio. Tamén se outorgará o premio Yuzz Muller con 20.000 euros máis e que se concederá ao mellor premio liderado por unha muller.

 
Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.