Ir o contido principal

O ciclo 'Ciencia para novos investigadores' achegará 450 estudantes de secundaria á Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC

El ciclo 'Ciencia para nuevos investigadores' acercará 450 estudiantes de secundaria a la Facultad de Ciencias del Campus Terra de la USC
El ciclo 'Ciencia para nuevos investigadores' acercará 450 estudiantes de secundaria a la Facultad de Ciencias del Campus Terra de la USC
A Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC botará a andar este xoves 11 unha nova edición do ciclo ‘Ciencia para novos investigadores’, un programa de estímulo de vocacións científicas entre o...
Lugo

A Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC botará a andar este xoves 11 unha nova edición do ciclo ‘Ciencia para novos investigadores’, un programa de estímulo de vocacións científicas entre o estudantado de ensino medio impulsado polo persoal do centro universitario lugués. Alumnos de 4º curso de ESO do Colexio Maristas-A Inmaculada de Lugo serán os encargados de abrir, a partir das 10.00 horas, esta nova edición.

 

O programa de visitas desenvolverase de xeito continuado as mañás do 11 ao 24 de xaneiro. A elevada demanda de centros educativos para participar nesta actividade propiciou que a Facultade de Ciencias abrira unha nova quenda de visitas de escolares do 21 ao 24 de maio. En total, agárdase que uns 450 estudantes de ensino secundario de 11 centros educativos da provincia de Lugo coñezan a oferta formativa da Facultade e podan desenvolver sesións prácticas nos seus laboratorios no presente ano académico.  

 

O IES Basanta Silva de Vilalba, IES A Pinguela de Monforte, CPI Ramón Piñeiro de Láncara, IES Sanxillao, IES Lucus Augusti, Colexio Divino Maestro e o IES Ollos Grandes visitarán neste mes de xaneiro o Campus Terra, mentres que xa en maio será a quenda do alumnado de último curso da ESO do IES Ánxel Fole, Colexio Padres Franciscanos e Colexio San José.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.