Ir o contido principal

O ciclo de cinema negro francés proxecta o luns 15 na Facultade de Humanidades o filme ‘Judex’, de Georges Franju

El ciclo de cine negro francés proyecta el lunes 15 en la Facultad de Humanidades el film ‘Judex’, de Georges Franju
El ciclo de cine negro francés proyecta el lunes 15 en la Facultad de Humanidades el film ‘Judex’, de Georges Franju
O ciclo de cinema negro francés, unha programación promovida pola sección de francés do Centro de Linguas Modernas no Campus Terra, continúa este luns 15 de maio no salón de actos da Facultade de...
Lugo

O ciclo de cinema negro francés, unha programación promovida pola sección de francés do Centro de Linguas Modernas no Campus Terra, continúa este luns 15 de maio no salón de actos da Facultade de Humanidades coa proxección de ‘Judex’, un filme dirixido en 1963 por Georges Franju, que poderá verse en versión orixinal con subtítulos en español.

 

A terceira das proxeccións programadas na cuarta edición do ciclo de cinema negro francés, responde a un filme de intriga cuxo fío condutor xira arredor dun xusticeiro que esixe ás persoas que reciben unha mensaxe coa palabra ‘Judex’ o reparto de todos os seus bens e propiedades.

 

O ciclo de cinema negro francés, unha actividade promovida e organizada pola sección de francés do CLM no Campus Terra e que nesta edición leva por título ‘Á marxe’, chegará ao seu fin o 29 de maio coa proxección do filme 'Alphaville' (1965), de Godard.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.