O CITT do Campus Terra xestiona 4,5 millóns de euros para I+D+i en 2015 tras duplicar os contratos con empresas e entidades
O Centro de Innovación e Transferencia de Tecnoloxía (CITT) do Campus Terra da USC duplicou en 2015 os fondos xestionados a través de contratos e convenios asinados con empresas e institucións...
Lugo
O Centro de Innovación e Transferencia de Tecnoloxía (CITT) do Campus Terra da USC duplicou en 2015 os fondos xestionados a través de contratos e convenios asinados con empresas e institucións públicas, que representaron máis de tres dos 4,5 millóns de euros captados na sede universitaria luguesa para a realización de actividades formativas e proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación durante o pasado exercicio.